¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

22ª Festas do Barrio de San Pedro 🗝️🏡💓

  • Ubicación Santiago de Compostela, Galicia, España
1ª ronda Quedan 40 días
Obtenido
€ 200
Mínimo
€ 3.999
Óptimo
€ 6.999
1 Cofinanciadores
Canal
  • Aportando € 10

    Imos facer a festa e as tatús que mereces!!! 💜

    Con estes euros xa temos para facer peto. Cada axuda é moi importante para nós. Millóns de grazas 💜🔑 Gardámolos no petiño e encargaremos tatuaxes temporais!!

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 25

    Xa te vemos, encargando camis! Ti e as túas amiguis!!! 💜

    Xenial! Con estes euros xa podemos encargar as camisolas destas festas. Grazas a moreas 💜🔑

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 50

    Vas coidar ao artisteo 💖🍀🗝️💜

    Fantástico! Grazas aos teus cartiños imos facer unha hospitalidade riquiña para que es artistes e grupos de música sintan os coidados do Barrio de San Pedro, como nos gusta 💜🔑 💜 💖

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 75

    Estamos que o petamos! Arriba eses baños! 💖🍀💖🍀💜🗝️🥰

    Marabilla! Grazas á vosa axuda estaremos moito máis preto de facer as festas que merecemos, e tamén os BAÑOS que nos merecemos! Que gusto poder ir a un baño que estea a man, limpo, e pagado cos cartiños de todis... 💜🔑 💖

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 100

    Xa estás montando a Carpa da Romaría💜🗝️🍀

    Incrible! Grazas á vosa achega poderemos ter unha carpa no Parque de Belvís! Chova ou Vente, imos de Romaría! 💜🔑 💜 💖

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 200

    Chispúm! Tedes a 🗝️ dos nosos 💖💖💖💖! Moita 🍀🍀🍀🍀 para vós

    SURREALISTA!! Eres ti o mesmísimo San Pedro a caso? Grazas grazas e grazas, con estes cartiños podemos asegurarnos unha programación diversa e que reflicta os gustos do noso barrio 💗💗

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Cofinanciadores
  • Aportando € 300

    Tomaaaaa! Pois daquela a 🗝️ do barrio para ti e para as túas amiguis 💖💜🍀💖💜🍀

    Quedamos sen palabras!

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinanciadores

Sobre este proyecto

Un ano máis, creando un espazo de celebración, encontro e loita de todes es que habitan e comparten o amor polo Barrio de San Pedro!

Necesidades Tarea Mínimo Óptimo
Programación
Orzamento para cubrir unha parte da programación musical das Festas, primando presenza de artistas do barrio ou con vinculación ao mesmo, presenza feminina, LGTBIQ+ e diversa, sempre que poidamos.
€ 3.999
Necesidades Infraestructura Mínimo Óptimo
Cantina
Nesta partida incluímos os gastos da loxística de montaxe e os custos de aluguer dunha furgoneta para montar e desmontar a cantina da Asociación, parte fundamental para que poidamos organizar unhas Festas autoxestionadas
€ 1.500
Sanitarios portátiles
Servizo de aluguer, instalación e mantemento.
€ 1.500
Total € 3.999 € 6.999
Imprescindible
Adicional

Información general

E aquí estamos de novo! Botábasnos en falta? 😈

Dende a Asociación Cultural do Barrio de San Pedro, xa levamos uns mesiños argallando a celebración das 22ª Festas do Barrio de San Pedro, do 25 ao 29 de xuño!

Seguimos traballando para ofrecer actividades abertas, diversas e accesibles para todes es veciñes. Un ano máis, precisamos da vosa axuda para facer posibles unhas Festas á altura do que o barrio merece. Días para reivindicar bailando, creando espazos que poñan no centro a vida comunitaria, porque queremos barrios para vivir, non para especular! 🎶🏡

Se non te podes achegar a nós no barrio e darnos o teu cariño, presenza e cartiños en persoa, este goteo é para ti!!

Cada euro aquí doado reflíctese en artistas adecuadamente remuneradas, voluntaries desfrutando dunha empanada ben merecida, pintura para cabezudes, fotos chulas para ensinar as que non poden estar, homenaxes e reivindicacións ben organizadas para o que máis nos importa...

Descripción del proyecto. Características, fortalezas y diferenciales.

🎯Obxectivos
– Desenvolver unha programación comprometida e diversa que implique a un maior e variado número de xente do barrio, de todas as idades, procedencias xeográficas, culturais, etc.
– Realizar actividades que tendan a valorar cuestións propias do barrio e das súas xentes.
– Poñer de relevancia mediante a axitación cultural as problemáticas que atravesan ao barrio: turistificación masiva, xentrificación, proliferación de pisos turísticos, imposibilidade de acceso a vivenda asequible e de calidade...
– Organizar actos culturais, lúdicos e educativos no contexto das datas escollidas para as festas.
– Favorecer o intercambio de experiencias e información entre o tecido asociativo do barrio.
– Vivir cinco días nos que poidamos compartir, reivindicar e bailar.
– Promover tempos e espazos para o encontro, sen masificacións e vivindo en comunidade.
– Establecer colaboracións co máximo número de entidades e colectivos sociais do barrio.
– Posicionarnos como comisión e barrio dentro das loitas que nos competen e ás que podemos dar voz.

obradoiro-baile-8m.jpg

Motivación y a quién va dirigido el proyecto

As Festas do Barrio de San Pedro nacen para crear espazos de encontro e celebración entre a veciñanza, facendo do barrio un lugar máis habitable e de coidados. Están pensadas para todas as persoas que o habitan e que comparten o amor por este recuncho da cidade, hoxe ameazado pola turistificación.

🏡 Ante a subida dos alugueiros, a expulsión das veciñas e os intentos de illarnos, respondemos co contrario: saímos á rúa, xuntámonos e celebramos xuntas que o barrio segue a ser noso. Querémolo cheo de vida, música, diversidade e todo o que nos fai ser quen somos. Porque os barrios son para vivir, non para especular! 🎶🔥💜

photo-5773926146528887771-y.jpg

Experiencia previa y equipo

A 🌿 Asociación Cultural Barrio de San Pedro leva xa 22 anos organizando as Festas e dinamizando o barrio con cultura e comunidade. Formada por un equipo de aproximadamente 10 persoas, contamos con máis de 100 voluntarias que cada ano botan unha man para facer posible as Festas e outras actividades. Todas adicamos o noso tempo de maneira altruista para construír un barrio vivo e diverso.

💡 Aprendemos facendo: cada quen achega a súa experiencia e ilusión, poñendo o seu gran de area para que todo saia adiante.

Ademais das Festas, tamén organizamos actividades culturais, reivindicativas e de lecer ao longo do ano. Algúns dos nosos proxectos máis destacados son:

🌱 As Feiras da Primavera
🌼 A celebración dos Maios
🎶 O Festival San Pedro sen Paredes
🏡 Barrios con Luz Propia
🏙️ La Noche de San Pedro (Participación no X Encuentro Cultura y Ciudadanía organizado polo Ministerio de Cultura)

photo-6050993125289215132-y.jpg

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Igualdad de género

    Lograr la igualdad entre los géneros y empoderar a todas las mujeres y las niñas

  • Reducción de la desigualdad

    Reducir la desigualdad en y entre los países

  • Ciudades y comunidades sostenibles

    Lograr que las ciudades y los asentamientos humanos sean inclusivos, seguros, resilientes y sostenibles

  • Producción y consumo responsables

    Garantizar modalidades de consumo y producción sostenibles

  • Paz, justicia e instituciones sólidas

    Promover sociedades, justas, pacíficas e inclusivas